Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez destaca o potencial de Equigal como atractivo turístico da cidade e dinamizador económico

Lara Méndez destaca o potencial de Equigal como atractivo turístico da cidade e dinamizador económico

A alcaldesa de Lugo asistiu hoxe á inauguración do XIV Concurso Morfolóxico do Cabalo de Pura Raza Española que este fin de semana se celebra no Pazo de Feiras e Congresos.

  • Tema
    • Desenvolvemento social,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía
Venres, 08 de outubro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez destaca o potencial de Equigal como atractivo turístico da cidade e dinamizador económico

A rexedora lucense, Lara Méndez, e o tenente de alcaldesa e concelleiro de Medio Rural, Miguel Fernández acudiron hoxe á inauguración da XIV edición do Concurso Morfolóxico de Cabalo Pura Raza Española, dentro da programación de Equigal.

“Unha cita que, cada ano, converte á nosa cidade na capital do cabalo de Galicia e mesmo de todo o territorio nacional e que consegue atraer a atención non só dos amantes do mundo do cabalo senón tamén do público en xeral”, manifestou Méndez.

A alcaldesa puxo en valor o nivel competitivo do evento, “cunha destacada continuidade que alcanza xa catorce anos de traxectoria e no que temos a oportunidade de desfrutar do talento e das fantásticas habilidades de xinetes e eguadas de renome”, engadiu.

Lara Méndez puxo de manifesto o compromiso do Concello “con Equigal e con todas as iniciativas que, como o Salón do Cabalo de Galicia, representan unha fonte de crecemento e dinamización económica para a cidade”.

O Pazo de Feiras e Congresos acollerá durante toda a fin de semana diferentes actividades deportivas, exhibicións e concursos dedicados ao sector ecuestre.  Equigal contará ademais cunha zona infantil e cunha área de exposición e venda de artigos especializados.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-destaca-o-potencial-de-equigal-como-atractivo-turistico-da-cidade-e-dinamizador