Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez despídese do xefe da comandancia da Garda Civil que ascende a xeneral de brigada

Lara Méndez despídese do xefe da comandancia da Garda Civil que ascende a xeneral de brigada

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Emprego público
Luns, 11 de xullo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez despídese do xefe da comandancia da Garda Civil que ascende a xeneral de brigada

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez recibiu esta maña a Miguel Ángel González Arias, xefe da comandancia da Garda Civil de Lugo que ascende a xeneral de brigada ao que agradeceu a labor que realizou durante estes anos.

No encontro a rexedora destacou que “como alcaldesa e lucense, quero mandarche o noso afecto e gratitude e manifestar publicamente que es un exemplo para toda a cidadanía do bo facer e agardamos que, esta nova veña cargada de moitos éxitos” ao tempo que entregou diferentes agasallos para “que te sintas máis preto de Lugo”.

O coronel naceu en Lugo hai 57 anos e incorporouse como responsable da Comandancia de Lugo en outubro de 2013. Previamente desenvolveu a súa carreira profesional no servizo de Información de Biscaia e na unidade de servizos especiais do Servizo Central de Información en Madrid.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-despidese-do-xefe-da-comandancia-da-garda-civil-que-ascende-xeneral-de-brigada