Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez despide a máis dun centenar de deportistas que participarán nos Xogos do Eixo Atlántico en Maia

Lara Méndez despide a máis dun centenar de deportistas que participarán nos Xogos do Eixo Atlántico en Maia

A 14 edición dos Xogos do Eixo Atlántico, terá lugar do 4 ao 8 de xullo en Maia.

Máis dun centenar de mozos e mozas, nados entre o 2006 e o 2009, foron seleccionados polos distintos clubs de Lugo en diferentes disciplinas.

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Xestión cultural,
    • Deportes,
    • Escolas deportivas
Xoves, 30 de xuño de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez despide a máis dun centenar de deportistas que participarán nos Xogos do Eixo Atlántico en Maia

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro de Deportes, Mauricio Repetto, recibiron hoxe a máis dun centenar de deportistas lucenses que participarán na 14 edición dos Xogos do Eixo Atlántico, do 4 ao 8 de xullo en Maia. O municipio, como membro da entidade, financia a viaxe dos participantes.

Máis dun centenar  de deportistas, nados entre o 2006 e o 2009, foron seleccionados polos distintos clubs de Lugo nas diferentes modalidades de fútbol, balonmán, baloncesto, voleibol, atletismo e natación. Méndez destacou que “en Lugo existe un forte arraigo da práctica deportiva dende idades temperás, é sen dúbida algunha unha cidade volcada co deporte e cos valores que inculca a súa práctica, unha cidade que apoia o deporte de elite pero que tamén coida o deporte de base”.

A rexedora explicou que “o deporte é unha ferramenta de cohesión social, e a vosa participación na 14 edición dos Xogos do Eixo Atlántico contribuirá notablemente na proxección nacional e internacional da nosa cidade”.

A 14 edición dos Xogos do Eixo Atlántico é un evento dirixido á promoción do deporte e á convivencia entre os máis novos, que reúne a rapaces e rapazas deportistas de máis de diferentes localidades de Galicia e do Norte de Portugal. En total, nos xogos participarán 2.400 deportistas de 28 localidades.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-despide-mais-dun-centenar-de-deportistas-que-participaran-nos-xogos-do-eixo