Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez cumpre co obxectivo de completar o 100% o cadro de persoal do servizo de Bombeiros, por primeira vez na historia

Lara Méndez cumpre co obxectivo de completar o 100% o cadro de persoal do servizo de Bombeiros, por primeira vez na historia

A alcaldesa destacou este fito “tan importante para Lugo así como o esforzo realizado en aumentar os recursos materiais, que redundará nunha maior protección da cidadanía”.

O Concello reforzou nas últimas semanas os efectivos do parque municipal coa incorporación de 24 profesionais, cos que se cobre a totalidade dos 54 efectivos incluídos na RPT.

Hoxe tomaron posesión dous novos bombeiros interinos, que se incorporan tras superar a oposición libre desenvolvida, que recibiron a benvida e as felicitacións por parte da rexedora.

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Emprego
Venres, 13 de xaneiro de 2023
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez cumpre co obxectivo de completar o 100% o cadro de persoal do servizo de Bombeiros, por primeira vez na historia

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, presidiu hoxe a toma de posesión de dous bombeiros interinos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Concello de Lugo, e con estes  novos efectivos “cumpro co obxectivo que fixei para este mandato de cubrir o 100% do cadro de persoal incluído na Relación de Postos de Traballo do Concello (RPT), por primeira vez na historia”.

Estas incorporacións, lembrou a rexedora, “proceden do desenvolvemento das ofertas públicas de emprego iniciadas no mandato anterior e que nos permitiu agora acadar este fito tan importante para a cidade e que redundará nunha maior protección da cidadanía”.

Acompañada da tenente de alcaldesa e concelleira de Recursos Humanos, Paula Alvarellos, e do xefe de Bombeiros, Miguel López, Lara Méndez deu a benvida aos dous bombeiros e os felicitou polo esforzo desenvolvido nas probas de acceso nun proceso de oposición libre, “moi duras, polo que temos a seguranza de que temos aos profesionais mellor preparados e capacitados para salvagardar a seguridade da nosa veciñanza”. ”O de bombeiros é un servizo imprescindible e temos que ter asegurada que ante calquera incidencia haberá unha resposta rápida e profesional”, aseverou a alcaldesa.

Os reforzos comezaron no mandato pasado, e durante este mandato, ademais do incremento no cadro de persoal, se foi dotando de máis medios de traballo e de recursos para modernizar este servizo tan querido polos cidadáns, como son melloras nas instalacións, máis vehículos, ferramentas informáticas para optimizar a xestión e unha formación permanente. 

Audio

  • Lara Méndez, sobre a toma de posesión I | Descargar mp3 [1]
  • Lara Méndez, sobre a toma de posesión II | Descargar mp3 [2]
 

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-cumpre-co-obxectivo-de-completar-o-100-o-cadro-de-persoal-do-servizo-de-bombeiros

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/130123_toma_posesion_-_lara_mendez_1.mp3
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/130123_toma_posesion_-_lara_mendez_2.mp3