Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez comprométese na Louzaneta a soterrar as liñas de media tensión para avanzar na ordenación dos polígonos

Lara Méndez comprométese na Louzaneta a soterrar as liñas de media tensión para avanzar na ordenación dos polígonos

A alcaldesa de Lugo mantivo un encontro coa veciñanza co fin de poder axudarlles a dar pasos na ordenación deste sector, tras moitos anos enquistada.

Sendo obriga das Xuntas de Compensación acometer as obras, o Concello pode actuar, vía execución, e logo distribuír os custos.

Nesta reunión, á que acudiron máis de medio cento de residentes, a maior parte do polígono 1, valorouse a proposta de maneira positiva.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Infraestruturas,
    • Servizos xerais,
    • Consumo,
    • Urbanismo
Mércores, 14 de decembro de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez comprométese na Louzaneta a soterrar as liñas de media tensión para avanzar na ordenación dos polígonos

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, informou á veciñanza da Louzaneta do compromiso do Concello para executar no 2023 o soterramento das liñas de media tensión nos tres polígonos que conforman o sector, como forma de poder axudar a dar pasos na súa ordenación que leva moitos anos enquistada; ordenación que se viu, ademais, afectada por cambios normativos.

É obriga das Xuntas de Compensación acometer estas obras pero, ante a falta de avances significativos, o Concello podería executalas directamente, e logo distribuír os custos entre os tres polígonos que conforman o sector.

Así o trasladou a rexedora nunha reunión, onde, acompañada polo Coordinador de Urbanismo, asistiron máis de medio cento de residentes, a maior parte do polígono 1, que valoraron de maneira positiva este paso.

Comunicar a todos os polígonos

Así mesmo, e tras a petición dos asistentes, a rexedora acordou realizar un estudo sobre a situación actual na que se atopa a urbanización en cada polígono e, se é necesario no caso de que existan eivas, buscar solucións co fin de que os terreos poidan ser recibidos pola Administración local, previa comprobación de que cumpren co establecido.

A alcaldesa aproveitou o acto, igualmente, para aclarar as diferentes dúbidas que expuxo a cidadanía ao tempo que avanzou que a rolda de contactos continuará nas próximas semanas para comunicar ás Xuntas de Compensación dos tres polígonos residenciais o compromiso do Concello.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-comprometese-na-louzaneta-soterrar-linas-de-media-tension-para-avanzar-na