Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez: “A celebración do Día do Pobo Xitano nos permite incidir na mensaxe, tan necesaria, de unidade e respecto á diversidade social”

Lara Méndez: “A celebración do Día do Pobo Xitano nos permite incidir na mensaxe, tan necesaria, de unidade e respecto á diversidade social”

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Desenvolvemento social,
    • Igualdade
Venres, 08 de abril de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez: “A celebración do Día do Pobo Xitano nos permite incidir na mensaxe, tan necesaria, de unidade e respecto á diversidade social”

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, sumouse, esta tarde, aos actos de celebración do Día Internacional do Pobo Xitano.

A rexedora quixo participar activamente na conmemoración desta efeméride á que cada 8 de abril a Administración local se suma co xesto simbólico do izado da bandeira do pobo xitano na fachada da Casa Consistorial e que, logo da interpretación do himno xitano Gelem – Gelem, continuou coa entrega dun premio en recoñecemento á traxectoria de Manolo Vila quen, durante 22 anos, foi coordinador da escolarización xitana en Lugo.

“Accións que contribúen a visualizar unha data na que se pretende enxalzar os valores de unidade da sociedade e de respecto á súa diversidade, apostando por acadar unha verdadeira integración, ao tempo que divulgamos a súa cultura, avanzamos no seu coñecemento e reivindicamos que todas e todos os cidadáns temos os mesmos dereitos”, sinalou Lara Méndez.

O Concello de Lugo colabora, alén, coa programación organizada para festexar o aniversario do Primeiro Congreso Mundial romaní/ xitano, celebrado o 8 de abril de 1971 en Londres, cedendo, dende a área de Benestar Social, un espazo no centro de convivencia de Fingoi para que mañá sábado, ás 18:30 horas, se celebre o concerto flamenco ‘Son de Lugo’ incluído na programación organizada pola Asociación xitana Phenjalipen.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-celebracion-do-dia-do-pobo-xitano-nos-permite-incidir-na-mensaxe-tan-necesaria-de