Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez asiste a ‘Lucus In Vino Veritas’, un evento diferente que axuda a dinamizar sectores como o comercio, o turismo ou a cultura

Lara Méndez asiste a ‘Lucus In Vino Veritas’, un evento diferente que axuda a dinamizar sectores como o comercio, o turismo ou a cultura

O Concello de Lugo, aposta por colaborar con actividades deste tipo que axudan a dinamizar sectores como o comercio, o turismo, o lecer ou a cultura.

Os asistentes gozaron de preto de 30 bodegas seleccionadas de toda a península.

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Sábado, 05 de xuño de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez asiste a ‘Lucus In Vino Veritas’, un evento diferente que axuda a dinamizar sectores como o comercio, o turismo ou a cultura

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e a concelleira de Desenvolvemento Local e Emprego,  Ana G. Abelleira asistiron esta mañá ao evento ‘Lucus In Vino Veritas’. Un evento diferente do sector vinícola, que reuniu a preto de 30 adegas seleccionadas de toda a península.

O Concello de Lugo colaborou nesta segunda edición pola capacidade que unha actividade deste tipo ten para dinamizar outros sectores tales como o comercio, o turismo, o lecer ou a cultura. Na xornada a rexedora puido presenciar a cata de augardentes e licores, impartida por Sonia Otero Padín, vogal do consello regulador da I.X. das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia. A Catedral recibirá novamente aos amantes do viño ás 18.00, entre as actividades incluídas na programacion esta previsto un concurso de cata por equipos con premios que inclúen a visita a unha adega con cata, un lote de 10 viños proporcionados e seleccionados pola organización e un premio económico de 500 euros, ás 20:00 realizarase un Showcooking e para rematar “Supreme Jazz Dúo” dará un concerto musical.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-asiste-lucus-vino-veritas-un-evento-diferente-que-axuda-dinamizar-sectores-como-o