Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Lara Méndez apoia a petición da comisión da veciñanza de Albeiros para dotar de fibra óptica á zona

Lara Méndez apoia a petición da comisión da veciñanza de Albeiros para dotar de fibra óptica á zona

“Cabe sinalar que é un proceso no cal hai que seguir uns cantos pasos para que poidan gozar do servizo e por parte do Concello traballaremos para que os veciños de Albeiros dispoñan de fibra óptica” explicou a alcaldesa de Lugo

A dotación de fibra óptica para a zona de Albeiros, inclúe os núcleos: O Souto, Os Cómaros, A Granxa, O Curral, A Garaballa de Arriba, A Croa e A Torre

Pola súa banda os membros da comisión veciñal, agradeceron "a colaboración do concello, non sendo responsabilidade do mesmo e a predisposición e apoio recibido”

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Novas tecnoloxías,
    • Urbanismo
Sábado, 12 de setembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Lara Méndez apoia a petición da comisión da veciñanza de Albeiros para dotar de fibra óptica á zona

A alcaldesa de Lugo atendeu no día de onte a petición da comisión da veciñanza de Albeiros trasladada por Fernando Rois, portavoz da Federación Veciñal, Marcos Fernández e José Vázquez, para dotar de fibra óptica de alta velocidade á zona de Albeiros, que aínda non dispón desta conexión a internet. “Compartimos a petición dun servizo moi demandado e necesario para poder levar a cabo o traballo ordinario ou mesmo teletraballo, pero cabe sinalar que é un proceso no cal hai que seguir uns cantos pasos para que poidan gozar do servizo e por parte do Concello traballaremos para que os veciños de Albeiros dispoñan de fibra óptica” explicou a alcaldesa de Lugo.

A zona de Albeiros, esta conformada por varios núcleos: O Souto, Os Cómaros, A Granxa, O Curral, A garaballa de Arriba, A Croa e A Torre. Méndez destacou a importancia da dixitalización e na importancia de "Ter un servizo de alta velocidade permite que os veciños poidan teletraballar e acceder a todo tipo de aplicacións, plataformas, contidos multimedia, servizos públicos, solicitude de citas previas, educación, formación ou outros trámites da vida cotiá".

A alcaldesa de Lugo comprometeuse a colaborar coa implantación de fibra óptica nesta zona, a traves do dialogo con outras administracións e tamén na búsqueda de fondos xa que “temos o deber de romper coa fenda tecnolóxica existente na urbe da cidade. Hoxe en día internet supón o cordón umbilical do progreso e traballaremos para que a zona de Albeiros goce deste servizo”

A fibra óptica permite a transmisión dos datos de forma moi rápida e é moi estable porque non se ve afectada por interferencias, ademáis de permitir conectar simultaneamente varios dispositivos a Internet sen que haxa percepción de perda de velocidade.

Pola súa banda os membros da comisión veciñal, agradeceron "a colaboración do concello, non sendo responsabilidade do mesmo e a predisposición e apoio recibido para axudar a que  Albeiros  logre o obxectivo demandado pola veciñanda de dotar de fibra óptica de alta velocidade, un servizo fundamental durante a crise da COVID-19".


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/lara-mendez-apoia-peticion-da-comision-da-vecinanza-de-albeiros-para-dotar-de-fibra-optica