Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > José Manuel Río e José Luis Piñeiro toman posesión como inspectores principais da Policía Local nun acto presidido polo alcalde

José Manuel Río e José Luis Piñeiro toman posesión como inspectores principais da Policía Local nun acto presidido polo alcalde

No nomeamento, no que estivo o ex intendente xefe do corpo, Miguel Fernández destacou a “recoñecida traxectoria de ambos axentes” e dixo que “a cidade ten moita sorte de contar con eles”.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Protección da comunidade,
    • Seguridade,
    • Recursos humanos,
    • Emprego público
Venres, 02 de xaneiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
José Manuel Río e José Luis Piñeiro toman posesión como inspectores principais da Policía Local nun acto presidido polo alcalde

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, presidiu esta mañá a toma de posesión de José Manuel Río Espiño e José Luis Piñeiro Santos, como inspectores principais da Policía Local, despois do seu nomeamento e de que completaran o seu período obrigatorio na Academia Galega de Seguridade pública. Foi un acto moi emotivo, no que tamén estiveron presentes a concelleira de Xestión Integral e Recursos Internos, Ana González Abelleira, o secretario do Concello, e tamén o anterior intendente xefe da Policía Local, Jesús Piñeiro. Os xa inspectores principais da Policía Local recibiron a felicitación de todos eles e do propio rexedor lucense, quen destacou a “recoñecida traxectoria de ambos axentes, con ampla experiencia no corpo e cunha gran vocación de servizo público. Tanto os veciños e veciñas de Lugo como a propia cidade, teñen sorte de contar con eles”, sinalou Miguel Fernández.

Ademais, lembrouse que o de hoxe é un día case histórico para a Policía Local, posto que hai décadas que non se nomeaban a dous inspectores principais, unha toma de posesión coa que se segue a mellorar a estrutura interna deste corpo e o seu organigrama interno. Precisamente, esta mesma semana tomaron posesión tres novos axentes da Policía Local e outros dous en comisión de servizo para seguir avanzando na dotación de efectivos ao corpo, co que mellorar e favorecer o desenvolvemento dun bo traballo policial, que redunde na seguridade da veciñanza da cidade de Lugo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/jose-manuel-rio-e-jose-luis-pineiro-toman-posesion-como-inspectores-principais-da-policia