Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Javier Vázquez destaca no Correlingua, que reuniu a alumnado dos centros educativos de Lugo, o valor do galego como “patrimonio, identidade e unha maneira de mirar ao mundo”

Javier Vázquez destaca no Correlingua, que reuniu a alumnado dos centros educativos de Lugo, o valor do galego como “patrimonio, identidade e unha maneira de mirar ao mundo”

  • Tema
    • Benestar social,
    • Programación cultural,
    • Deportes,
    • Educación,
    • Centros de ensino
Mércores, 27 de maio de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Javier Vázquez destaca no Correlingua, que reuniu a alumnado dos centros educativos de Lugo, o valor do galego como “patrimonio, identidade e unha maneira de mirar ao mundo”

O concelleiro de Educación e Cultura do Concello de Lugo, Javier Vázquez, participou hoxe no acto do Correlingua Lugo 2026, unha xornada que reuniu a alumnado de distintos centros educativos da cidade arredor dunha celebración da lingua galega, o deporte e a convivencia.

Durante a súa intervención, o edil agradeceu o traballo realizado pola organización, así como a implicación dos centros educativos e da mocidade lucense nunha iniciativa que cada ano contribúe a promover o uso do galego entre as novas xeracións.

Javier Vázquez destacou que “o galego é patrimonio, identidade e tamén unha maneira de mirar ao mundo”, poñendo en valor a importancia de seguir impulsando actividades que fomenten o orgullo pola lingua propia de Galicia.

O responsable municipal reafirmou ademais o compromiso do Concello de Lugo co apoio ás iniciativas de promoción da lingua e da cultura galegas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/javier-vazquez-destaca-no-correlingua-que-reuniu-alumnado-dos-centros-educativos-de-lugo-o