Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A IV Feira de San Pedro de Nadela terá lugar esta fin de semana

A IV Feira de San Pedro de Nadela terá lugar esta fin de semana

Xoves, 26 de xuño de 2008
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e o presidente da Asociación Carballeira de Nadela, Manuel González Domínguez, e o tesoreiro Ángel López Díaz, presentaron hoxe a IV Feira de San Pedro.

Zarzuela explicou que esta feira é un día familiar que nos anos anteriores tivo moito éxito de asistencia. Ademáis indicou que haberá un servizo gratuíto de autobuses que sairán dende as 9:00 ata as 15:00 diante do Instituto Virxe dos Ollos Grandes na Avenida de Ramón Ferreiro.

O programa comezatrá as 9:00 horas coa asignación de postos e a exposición dos productos do país artesáns, ecolóxicos e tradicionais. A unha da tarde realizarase a recepción das autoridades, que darán unhas palabras de benvida aos presentes.

Á unha e media comezará a sesión vermouth a cargo da orquestra De Tacón, á que seguirá a música con charangas e gaiteiros que amenizarán o resto da xornada.

Sobre as dúas da tarde comezará o xantar campestre, para o que se repartirán sillas e mesas gratis. Ademais haberá postos con polbo á feira, churrasco, bacallao, lacón e chourizos.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/iv-feira-de-san-pedro-de-nadela-tera-lugar-esta-fin-de-semana