Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Iria Buide visita o CEIP As Gándaras

Iria Buide visita o CEIP As Gándaras

A edil de Educación afirmou que "desde a Tenencia de Alcaldía continuaremos a manter comunicación constante cos centros de ensino de Lugo".

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Educación pública,
    • Formación
Martes, 22 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Iria Buide visita o CEIP As Gándaras

A concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, visitou o CEIP As Gándaras, onde afirmou que a Tenencia de Alcaldía continuará a manter "un diálogo permanente cos centros educativos de Lugo".

A edil de educación lembrou que o Concello é responsable "do mantemento dos distintos colexios da cidade" e destacou o compromiso do Concello co ensino público. Iria Buide afirmou que "desde a concellería de Educación seguiremos traballando para garantir as boas condición nos distintos centros de ensino de Lugo, realizando as tarefas da nosa competencia e reclamando á Xunta axilidade nos traballos que non sexan realizables polo Concello".

Iria Buide lembrou que “a Xunta de Galiza ten as competencias en educación e debería encargarse de todas as cuestións relacionadas”. Segundo a edil de Educación, “os servizos que os concellos prestamos aos colexios supoñen un gran esforzo ano tras ano, tanto económico como administrativo”.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/iria-buide-visita-o-ceip-gandaras