Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Iria Buide: "o prego municipal de comedores xa contén mellores condición que o novo decreto do estado"

Iria Buide: "o prego municipal de comedores xa contén mellores condición que o novo decreto do estado"

A edil de Educación destacou o compromiso do Concello de Lugo por "dar nos centros de ensino a comida de mellor calidade".

Buide afirmou que o prego sairá a licitación "en canto os servizos municipais analicen as condicións, garantindo que o proceso se poida desenvolver sen problemas".

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Educación,
    • Centros de ensino
Luns, 21 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Iria Buide: "o prego municipal de comedores xa contén mellores condición que o novo decreto do estado"

A concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, afirmou que o prego de condicións técnicas que rexerá o novo contrato dos comedores escolares contén condicións "superiores ás lexisladas polo Goberno do estado e publicadas no BOE esta semana". Buide destacou o compromiso da concellería de Educación por "promover hábitos de vida saudables, cos comedores escolares dando comida de calidade e proximidade e con iniciativas como os Vieiros Escolares, que promoven a actividade física".

O novo decreto permite que os comedores utilicen aceite de xirasol, mentres que o prego municipal indica que só se pode utilizar aceite de oliva virxe extra. Ademais, o texto estatal di que se priorizará o uso de técnicas culinarias saudábeis ante as frituras, o prego municipal amplía esta limitación e só permite o uso de frituras en dúas ocasión ao mes. Por último, de cara á elaboración dos menús, o Concello obriga a que sexan feitos por un graduado en nutrición e dietética, mentres que o estado non especifica ningunha titulación.

Sobre a licitación do novo contrato, Buide afirmou que "nas vindeiras semanas enviarase á Xunta de Goberno a apertura do procedemento, unha vez os distintos servizos municipais implicados realicen todas as comprobacións previas ao inicio deste trámite".


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/iria-buide-o-prego-municipal-de-comedores-xa-conten-mellores-condicion-que-o-novo-decreto-do