Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Iria Buide e Maite Ferreiro visitan ao Concerto Didáctico da Banda Municipal celebrado hoxe no Auditorio Gustavo Freire

Iria Buide e Maite Ferreiro visitan ao Concerto Didáctico da Banda Municipal celebrado hoxe no Auditorio Gustavo Freire

Iria Buide destacou que esta programación "permite ás e aos estudantes coñecer á Banda municipal e os distintos instrumentos que conforman esta agrupación".

A Banda Municipal deu un concerto destinado a todos os centros de ensino.

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Música,
    • Xestión cultural
Martes, 04 de novembro de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Iria Buide e Maite Ferreiro visitan ao Concerto Didáctico da Banda Municipal celebrado hoxe no Auditorio Gustavo Freire

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, e a responsable de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, achegáronse ata o auditorio Gustavo Freire, onde a Banda Municipal realizou un novo Concerto Didáctico dirixido a todos os centros de Ensino. Iria Buide afirmou que esta iniciativa "achega a música ás crianzas e fomenta o coñecemento e a sensibilidade artística nos centros educativos da cidade".

Iria Buide destacou que esta actividade "permite garantir o acceso á música e á cultura desde as idades máis temperás". A concelleira subliñou ademais que "as e os estudantes dos diferentes centros educativos teñen a oportunidade de escoitar e interactuar coa Banda, coñecendo de primeira man os instrumentos, os estilos e o traballo colectivo que require unha formación musical deste tipo".

A concelleira de Educación afirmou que a Tenencia de Alcaldía organiza esta actividade "para seguir fomentando a cultura entre todas as nenas e nenos de Lugo".

Audio

  • A responsable de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, sobre o Concerto Didáctico | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/iria-buide-e-maite-ferreiro-visitan-ao-concerto-didactico-da-banda-municipal-celebrado-hoxe-no

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/20251104_iria_buide_concerto_didactico.mp3