Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Iria Buide conduciu o acto de presentación do nº 91 da Revista Galega de Educación e do libro "Realidades e Horizontes da Educación en Galicia"

Iria Buide conduciu o acto de presentación do nº 91 da Revista Galega de Educación e do libro "Realidades e Horizontes da Educación en Galicia"

A concelleira de Educación, Iria Buide, dixo "que na difusión do coñecemento está o a verdadeira realidade da educación".

O acto celebrouse coa particiación dos autores do libro: Xesús Rodríguez e Antón Costa, e responsables da revista que levou por título "Comunidade e participación das infancias".

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Mércores, 02 de abril de 2025
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Iria Buide conduciu o acto de presentación do nº 91 da Revista Galega de Educación e do libro "Realidades e Horizontes da Educación en Galicia"

No Vello Cárcere celebrouse a presentación do número 91 da revista galega de educación, que leva por título "Comunidade e participación das infancias", e do libro "Realidades e Horizontes da Educación en Galicia". O envento foi presentando pola Edil reponsabel de Educación e Difusión do Coñecemento do Concello de Lugo, Iria Buide, e modereado polo mestre e integrante de Nova Escola Galega, Santiago Quiroga. No acto tamén estiverón participando os autores do libro  "Realidades e Horizontes da Educación en Galicia" Xesús Rodríguez, catedrático da USC, e Antón Costa, catedrático da historia da educación. Ana Parada e María Barba foron as encargadas da presentación da revista galega de educación.

A Revista Galega de Educación comezou a editarse en 1986 cunha periodicidade trimestral, promovida por Nova Escola Galega e editada por Edicións Xerais de Galicia. A finais de 1988 chegaba aos 450 subscritores/as, cunha difusión de 700 exemplares en cada número, lograda a través dos servizos comerciais de Edicións Xerais de Galicia e dos impulsos da Asociación.

Realidades e horizontes da educación en Galicia quere ofrecer unha mirada panorámica sobre cuestións fundamentais do desenvolvemento educativo en Galicia. Cuestións abordadas, porén, con algunha profundidade e de xeito especializado. Quere ser tamén unha homenaxe á traxectoria docente e investigadora do profesor Antón Costa Rico, quen ao longo de máis de catro décadas asumiu un relevante papel na docencia universitaria e na xestión institucional.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/iria-buide-conduciu-o-acto-de-presentacion-do-no-91-da-revista-galega-de-educacion-e-do-libro