Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Instalada unha banda reductora de velocidade no barrio da Residencia, en cumprimento cos compromisos adquiridos polo Goberno coa veciñanza

Instalada unha banda reductora de velocidade no barrio da Residencia, en cumprimento cos compromisos adquiridos polo Goberno coa veciñanza

A Alcaldesa achegouse este venres ata esta zona para supervisar, acompañada dunha decena de veciños e veciñas, a colocación desta banda na rúa Serra Gañidoira

Esta medida complementa outras actuacións realizada neste barrio, como a renovación dos bancos do entorno do Vello Xeral, o pintado da sinalización horizontal ou o podado dos árbores para que non invadiran as vivendas

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Venres, 02 de decembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Instalada unha banda reductora de velocidade no barrio da Residencia, en cumprimento cos compromisos adquiridos polo Goberno coa veciñanza

O Concello de Lugo vén de instalar unha banda elevada reductora de velocidade na rúa Serra Gañidoira, no barrio da Residencia, co obxectivo de controlar o tráfico existente nesta rúa e para garantir a seguriade vial da veciñanza. A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, visitou este venres esta zona, acompañada da presidenta da Asociación de Veciños e Comerciantes da Residencia, Cecilia Vázquez, e dunha decena de veciños e veciñas.

Tal e como manifestou a rexedora na visita, esta actuación dá continuidade aos cumprimentos que adquiriu o Goberno cos veciños e veciñas da Residencia, neste caso coa colocación desta banda para aminorar o tráfico, ante a elevada velocidade coa que transitaban os vehículos. Esta medida complementa outras actuacións realizada neste barrio, como a renovación dos bancos do entorno do Vello Xeral, o pintado da sinalización horizontal ou o podado dos árbores para que non invadiran as vivendas. “Estamos cumprindo unha serie de compromisos co barrio da Residencia e seguimos reivindicando esas prestacións prometidas pola Xunta de Galicia para esta zona”, subliñou Lara Méndez, quen asegura que é o momento de reivindicar, pois estanse elaborando os orzamentos da Xunta. Nesta liña, a Alcaldesa instou á administración autonómica “a reflexar os compromiso adquiridos cos veciños e veciñas, con Lugo e con este barrio” no orzamento para o 2017, para que sexan unha realidade. “Queremos que o barrio volva a dinamizarse e queremos que volva recuperar o seu esplendor”, concluíu Méndez.

Coa instalación desta banda reductora, Lugo continúa coas súas accións para mellorar a seguridade vial en distintos puntos da cidade, como o repintado duns 150 pasos en medio cento de rúas.

Máis info

  • Lara Méndez, sobre a banda reductora de velocidade no barrio da Residencia |Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/instalada-unha-banda-reductora-de-velocidade-no-barrio-da-residencia-en-cumprimento-cos

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/021216_alcaldesa-residencia.mp3