Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Inscritas xa 1.400 persoas en Corre con Nós, que se celebrará o 16 de xaneiro

Inscritas xa 1.400 persoas en Corre con Nós, que se celebrará o 16 de xaneiro

O prazo para anotarse seguirá aberto ata o día 12

  • Tema
    • Deportes,
    • Corre con nós
Mércores, 30 de decembro de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Cando faltan 13 días para pechar a inscrición da proba Corre con Nós. Nocturna Monumental, que a Concellería de Deportes, dirixida por Miguel Fernández, organiza para o vindeiro 16 de xaneiro, xa se anotaron preto de 1.400 persoas, o que dá boa conta da acollida e o éxito desta proba, un referente no calendario deportivo da cidade e da provincia. O prazo para apuntarse na carreira estrela da tempada, enmarcada na 16ª edición do Circuíto Larsa Corre con Nós, remata o 12 de xaneiro.

O Concelleiro de Deportes informou de que a recollida de dorsais farase o mesmo día da proba, en horario de 10:00 a 14:00 horas, no Centro Comercial As Termas. A carreira dará comezo ás 18:00 coas categorías menores para pechar a xornada as 19:00 horas coa carreira adulta.

Miguel Fernández convidou a todos os lucenses “a participar e gozar dunha xornada deportiva, lúdica e de convivencia”.

As persoas interesadas poden encontrar toda a información sobre os percorridos e as inscricións na web municipal, www.lugo.gal [1] 

 Audio

  • Miguel Fernádez, sobre o Corre con Nós |Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/inscritas-xa-1400-persoas-en-corre-con-nos-que-se-celebrara-o-16-de-xaneiro

Ligazóns:
[1] http://www.lugo.gal
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/301215_corre_con_nos_miguel_fernandez.mp3