Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Infraestruturas renova a pavimentación da contorna da catedral

Infraestruturas renova a pavimentación da contorna da catedral

“Trátase dunha intervención pequena que nos permite mellorar a imaxe da cidade”, explicou Rubén Arroxo

Os traballos consisten na renovación do empedrado da zona, que se atopaba nun avanzado estado de deterioro

  • Tema
    • Desenvolvemento social,
    • Cultura e Turismo,
    • Desenvolvemento local,
    • Infraestruturas,
    • Urbanismo
Venres, 05 de novembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Infraestruturas renova a pavimentación da contorna da catedral

O Tenente Alcalde e responsábel da área de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, informou dos traballos que se están a realizar na contorna da catedral, de cara a mellorar a pavimentación da zona. “Trátase dunha pequena intervención que nos vai permitir mellorar a imaxe dunha zona moi concorrida do centro da cidade cuxo pavimento estaba xa moi desgastado”, explicou Rubén Arroxo.

Os traballos a realizar consisten na renovación do empedrado da zona, que se atopaba nun avanzado estado de deterioro e mostraba baldosas rotas e afundidas. Desde a área de Mobilidade e Infraestruturas planificáronse os traballos buscando reducir ao máximo as molestias á veciñanza garantindo o paso pola zona.

O Tenente Alcalde explicou que “desde o Goberno de Lugo seguimos a traballar para mellorar os espazos públicos con este tipo de pequenas actuacións, que non supoñen un grande custo para o concello, e que benefician a toda a veciñanza e ás persoas que nos visitan”.

Audio

  • O edil de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre o mantemento da contorna da Catedral | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/infraestruturas-renova-pavimentacion-da-contorna-da-catedral

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/211105_ruben_arroxo_mantemento_contorna_catedral.mp3