Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Infraestruturas actúa no parque da Rolda do Carme para mellorar a accesibilidade da veciñanza

Infraestruturas actúa no parque da Rolda do Carme para mellorar a accesibilidade da veciñanza

Alexandre Penas: “renovamos a pavimentación desta zona verde, que se atopaba moi desgastada polo crecemento das árbores”

O Goberno de Lugo instalou unha nova pavimentación de formigón impreso para facilitar a mobilidade na zona

  • Tema
    • Servizos sociais,
    • Accesibilidade,
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución
Domingo, 26 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Infraestruturas actúa no parque da Rolda do Carme para mellorar a accesibilidade da veciñanza

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou dos traballos que se están a realizar no parque da Rolda do Carme, na unión desta rúa coa Fonte dos Ranchos. Alexandre Penas explicou que “estamos a traballar na mellora da pavimentación desta zona verde, debido a que o crecemento das árbores produciron levantamentos no chan presente ata o momento”.

A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas consiste na aplicación dunha nova pavimentación na zona de tránsito peonil do parque “para garantir a maior accesibilidade para a veciñanza, especialmente no caso de persoas de mobilidade reducida”, segundo declarou Alexandre Penas.

O concelleiro de Infraestruturas afirmou que “damos solución a unha reclamación importante para a veciñanza desta zona da cidade” e destacou o papel da veciñanza á hora de planificar o traballo da concellería de Infraestruturas. “As veciñas e veciños coñecen de primeira man a zona na que viven e as súas reclamacións e solicitudes serven para planificar o noso traballo”, explicou Alexandre Penas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/infraestruturas-actua-no-parque-da-rolda-do-carme-para-mellorar-accesibilidade-da-vecinanza