Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Infraestruturas acondiciona a beirarrúa da Avenida da Coruña, no cruce coa Avenida Paulo Flavio Máximo

Infraestruturas acondiciona a beirarrúa da Avenida da Coruña, no cruce coa Avenida Paulo Flavio Máximo

Alexandre Penas: “trátase dun treito que fora cedido por un veciño”.

Infraestrutura inviste 6.000€ na mellora da beirarrúa.

  • Tema
    • Infraestruturas,
    • Obras en execución,
    • Urbanismo
Domingo, 14 de febreiro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Infraestruturas acondiciona a beirarrúa da Avenida da Coruña, no cruce coa Avenida Paulo Flavio Máximo

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, informou dos traballos que se están a realizar no último treito da Avenida da Coruña, fronte ao cruce coa Avenida Paulo Flavio Máximo. Alexandre Penas explicou que “este terreo foi cedido a finais dos anos 90 a cambio de que o Concello construíse a beirarrúa”.

A solución adoptada pola concellería de Infraestruturas consiste na pavimentación do espazo con baldosa de formigón, demolendo a superficie existente e colocando baldosas sobre unha base de formigón. Na zona do paso de peóns disporase o pavimento diferenciado para este tipo de estruturas, e mellorarase o sistema de recollida de augas pluviais. En total, infraestruturas inviste 6.000€ na mellora desta beirarrúa.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/infraestruturas-acondiciona-beirarrua-da-avenida-da-coruna-no-cruce-coa-avenida-paulo-flavio