Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Incentivar a lectura entre os máis cativos, obxectivo das novas actividades lúdicas postas en marcha polo Concello

Incentivar a lectura entre os máis cativos, obxectivo das novas actividades lúdicas postas en marcha polo Concello

Carmen Basadre anunciou a programación gratuíta de animación á lectura e contacontos que terá lugar a partir do 18 de febreiro e ata abril na Biblioteca Municipal e no MIHL

Os interesados en participar nalgunha destas actividades deberán retirar unha entrada gratuíta na Biblioteca Municipal. As entradas estarán dispoñibles a partir das 16:30 horas do luns da semana da actuación correspondente

  • Tema
    • Infancia,
    • Cultura e Turismo,
    • Bibliotecas e arquivos,
    • Promoción da lingua
Venres, 12 de febreiro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, anunciou este vernes a nova programación gratuíta que o Concello pon en marcha de novo para fomentar a lectura entre os máis cativos da casa. Trátase de actividades de animación á lectura e contacontos, que se celebrarán na Biblioteca Municipal e no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL) a partir do 18 de febreiro e ata o 14 de abril.

“Deseñamos estas actividades pensando especialmente nos nenos e nenas, para estimular a súa imaxinación a través de espectáculos lúdicos e para incentivar o seu gusto pola lectura, capaz de contribuír á súa aprendizaxe, á mellora das súas habilidades e á súa concentración”, subliñou a edil.

As actividades arrincarán o 18 de febreiro, ás 18:30 coa sesión de contos Este queixo, queixolán de Pavís Pavós dirixido a bebés, na que se combinan libros sopresa con cancións. Os Contos de Pablísimo serán os encargados de facerlle pasar un bo anaco aos nenos de máis de 4 anos o xoves 25 de febreiro, ás 18:30 horas co Contiario. Trátase  dunha actividade que recolle todo tipo de contos, os que comezan ao revés, os que teñen moitos finais, ou contos-canción entre outros. Para nenos de máis de 6 anos, o Concello organiza o Obradoiro de contos con Miró o 27 de febreiro ás 12:00 horas no MIHL, unha actividade na que se pintará un gran cadro cos personaxes dun conto a través dos ollos de Miró. En marzo celebraranse as actividades La liebrecilla de Pascua, Maxia Cómica, Crea Fósiles de dinosaurios e Fábulas, Conta Conmigo Conto Contigo, para nenos de 3 a 6 anos, a partir de 3, de 5 e de 6, respectivamente. Para abril, o Concello ten preparado un conto escenificado, Mashenka y el oso, e unha actividade na que se realizará unha caricatura do poeta Manuel María para idadades de 3 a 6 anos, e a partir de 4, respectivamente.

Entradas gratuítas e aforo limitado

Todos os interesados en participar nalgunha destas actividades gratuítas, que contan cun número limitado de prazas, deberá retirar unha entrada na Biblioteca Municipal. As entradas estarán dispoñibles a partir das 16:30 horas do luns da semana da actuación correspondente. Entregaranse un máximo de dúas por persoa.

Audio

  • Carmen Basadre, sobre o programa de animación e contacontos | Descargar mp3 [1]

Máis info

  • Animación á lectura e contacontos | Descarga pdf [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/incentivar-lectura-entre-os-mais-cativos-obxectivo-das-novas-actividades-ludicas-postas-en

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/120216_basadre-animacion-lectura.mp3
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/lectura.pdf