Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Hoxe tivo lugar a celebración do Concerto da Lembranza

Hoxe tivo lugar a celebración do Concerto da Lembranza

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 07 de novembro de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello de Lugo celebrou na Capela do Cemiterio de San Froilán o Concerto da Lembranza que tivo unha gran acollida e que contou cunha importante afluencia de público. Este acto, que formaba parte do programa para a celebración da festividade de Santos, intégrase nunha serie de actuacións, que teñen por obxecto a integración do cemiterio na vida social e cultural da cidade e o de darlle á morte o seu sentido natural, como unha etapa máis do ciclo vital tal e como se viviu sempre na sociedade galega, fuxindo do concepto tabú e desintegrador que foi enraizando nos últimos tempos. O seu carácter participativo tivo unha resposta favorable na cidadanía con catro intervencións nas que varias persoas colaboraron directamente coas súas dedicatorias de lembranza e de honra manifestadas a través de cantos, poemas ou lectura de textos, contribuíndo a darlle ao concerto un carácter íntimo e cálido.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/hoxe-tivo-lugar-celebracion-do-concerto-da-lembranza