Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Hoxe presentouse a I Concentración Moteira Beiras do Miño que se celebra esta fin de semana

Hoxe presentouse a I Concentración Moteira Beiras do Miño que se celebra esta fin de semana

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 17 de abril de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e o Xerente do Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, Rubén López, presentaron a I Concentración moteira Beiras do Miño que terá lugar os días 19, 20 e 21 de abril de 2013.

Nace co propósito de ser o escaparate do sector da motocicleta na provincia de Lugo e reunirá as dúas actividades máis importantes que son a Feira da Moto e a I Concentración Moteira Beiras do Miño repartidas en máis de 10.000 metros cadrados dedicados ao mundo da moto.

Ademais, todas as persoas que se inscriban para asistir á Concentración poderán desfrutar de diversas actividades exclusivas como zona de concertos, exhibicións, aparcamento ou acampada. Para máis información no teléfono 982.285.200 ou no 638.435.880.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/hoxe-presentouse-i-concentracion-moteira-beiras-do-mino-que-se-celebra-esta-fin-de-semana