Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Hoxe deuse a coñecer o cartel gañador que anunciará o San Froilán 2013

Hoxe deuse a coñecer o cartel gañador que anunciará o San Froilán 2013

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Venres, 07 de xuño de 2013
Fonte: 
Gabinete de Prensa

 A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, deu a coñecer hoxe o cartel anunciador do San Froilán 2013. A obra seleccionada polo xurado entre máis de 65 traballos presentouse co lema “Identidade de cor” e o seu autor é César Núñez Álvarez.

O xurado, composto por membros de diferentes sectores da cidade, destacou que se escolleu esa obra “por ser moi sinxela, optimista e moi diferentes a de anteriores edicións”.
O gañador do concurso, ademais de ter a honra de ser o autor do cartel que se repartirá por toda España, contará cun premio económico que ascende a 2.000 euros.

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/hoxe-deuse-conecer-o-cartel-ganador-que-anunciara-o-san-froilan-2013