Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Hoxe ábrese o prazo de inscrición para participar na Escola de verán de Tenis

Hoxe ábrese o prazo de inscrición para participar na Escola de verán de Tenis

  • Tema
    • Deportes
Luns, 25 de xuño de 2012
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Deportes, que dirixe José Manuel Díaz Grandío, anuncia que desde hoxe está aberto o prazo de inscrición para participar na Escola de verán de Tenis que organiza a Federación Galega de Tenis en colaboración co Concello.

A Escola de verán de Tenis terá lugar durante os meses de xullo e agosto nas pistas de tenis de Frigsa e nela poderán participar tanto nenos e nenas de máis de 6 anos de idade como adultos. Para os nenos e nenas haberá cursos de minitenis, iniciación, nivel medio e perfeccionamento.

As clases terán lugar de luns a venres con distintos horarios segundo os grupos.

As inscricións pódense facer nas oficinas anexas ás pistas en horario de 17.00 a 19.00 horas. O prezo da matrícula oscila entre os 15 e os 27 euros ó mes. Os alumnos que teñan participado na Escola de inverno están exentos de pago.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/hoxe-abrese-o-prazo-de-inscricion-para-participar-na-escola-de-veran-de-tenis