Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Gobernanza reorganiza o servizo de conserxería do Concello de Lugo para que poida canalizar provisionalmente as chamadas ao 010

Gobernanza reorganiza o servizo de conserxería do Concello de Lugo para que poida canalizar provisionalmente as chamadas ao 010

O Executivo de Lara Méndez habilita así unha solución alternativa ás demandas de información cidadá mentres non se licita o contrato menor para atender a prestación.

 
  • Tema
    • Alcaldía
Mércores, 09 de marzo de 2022
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Gobernanza reorganiza o servizo de conserxería do Concello de Lugo para que poida canalizar provisionalmente as chamadas ao 010

O Executivo de Lara Méndez, a través da área de Gobernanza que dirixe Paula Alvarellos, reorganizou esta mañá o servizo de conserxería do Concello para que varios efectivos deste departamento que exercen as súas funcións como ordenanzas no Edificio Administrativo do Seminario, se encarguen nos vindeiros días, e de acordo ás funcións que teñen asignadas na RPT, da atención ao público persoal, telefónica e telematicamente, así como de prestarlle á cidadanía que acuda ás dependencias municipais a información sobre localización de persoas, servizos e calquera outro aspecto relacionado co Concello.

Segundo a tenente de alcaldesa “se pretende, así, habilitar unha solución alternativa e provisional que palie a ausencia desta prestación mentres a concellería de Participación prepara os pregos dun novo procedemento e tramita una licitación ponte, a través dun expediente menor, para restablecer as liñas.

“Unha cuestión que se está a abordar pola vía da urxencia para diminuír o impacto que ocasiona, tanto para a Institución como para a veciñanza, non dispoñer dun servizo de atención telefónica”, subliñou a concelleira de Gobernanza, Paula Alvarellos.

Deste xeito, a área de Participación Cidadá achegará á veciñanza, a través da páxina web municipal, unha serie de instrucións para que as persoas interesadas en contactar co Concello de Lugo poidan ser atendidas e redirixidas aos departamentos correspondentes nos que poderán resolver as súas consultas. Tamén lles axudarán a concertar, de ser este o caso, as citas que precisen cos diferentes servizos municipais.

Audio

  • Paula Alvarellos, sobre o servizo de conserxería | Descargar mp3 [1]
 

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/gobernanza-reorganiza-o-servizo-de-conserxeria-do-concello-de-lugo-para-que-poida-canalizar

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/090322_paula_alvarellos_-_reorganizacion_servizo_de_conserxeria.mp3