Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A fin de semana previa ao San Froilán, conferencias e andainas polo Camiño Francés e o Primitivo, que mantén un día propio na programación das festas

A fin de semana previa ao San Froilán, conferencias e andainas polo Camiño Francés e o Primitivo, que mantén un día propio na programación das festas

O sábado e o domingo, ás 10:30 horas comezarán os percorridos, dende a parada de bus urbano da rúa Anxo López Pérez. Para participar é preciso inscribirse na Oficina Municipal de Turismo

O Vello Cárcere acollerá o sábado, dende as 19:00 horas, dúas conferencias sobre a historia destes Camiños e da Peregrinaxe, a cargo de Xavier Gómez Vila e Adolfo de Abel Vilela

O Concello organizou, dentro do +Xtí, unha xornada de escalada e sendeirismo, mañá sábado, das 11:00 ás 17:00 horas; e outra sobre redes sociais, o xoves 27 de setembro, dende as 17:00 horas, no Edificio de Novas Tecnoloxías

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Venres, 21 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Dentro do programa de festas do san Froilán, que leva dedicando tres anos o día 11 de outubro ao Camiño Primitivo, esta edición o Concello, co obxecto de achegar a historia dos Camiños e da Peregrinaxe á cidadanía, organiza dúas conferncias e dúas andainas de pasos con historia, baixo o título Lugo, encrucillada mundial.

Será a vindeira fin de semana, cunha andaina polo Camiño Primitivo, dende Bascuas a Lugo o sábado, 29; e outro polo Camiño Francés, dende Coeo a Lugo, o domingo 30. Ambos os dous percorridos teñen unha distancia de 10 quilómetros. O punto de partida é a parada do bus urbano, da rúa Anxo López Pérez, ás 10:30 horas. Todas as persoas interesadas en participar neste ruta poden inscribirse de balde na Oficina Municipal de Turismo, ou no 982-25-16-58. O Concello recomenda levar roupa e calzado cómoda, así como auga.

Tamén o sábado, en xornada de tarde, dende as 19:00 horas, o Vello Cárcere acolelrá dúas cnferencias. Unha sobre Os itinerarios xacobeos pola cidade de Lugo: o Camiño Primitivo e o Camiño Francés, a cargo de Xavier Gómez Vila, doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga, e sobre A presenza do Camiño na Cidade de Lugo: infraestruturas e espazos relixiosos, a cargo de Adolfo de Abel Vilela, doutor en Xeografía e Historia. A entrada é totalmente de balde ata completar cabida.

Outras actividades para os vindeiros días

A entidade local ten preparadas, dentro da programación do +Xtí, subvencionada polo Plan Nacional de Drogas e dirixida á mocidade, unha xornada de escalada e sendeirismo, mañá sábado 22, das 11:00 ás 17:00 horas.

Así mesmo, hay prevista unha xornada sobre redes sociais e influencers, o xoves 27 de setembro, dende as 17:00 horas, na Sala de Usos Mútliples do Edificio de Novas Tecnoloxías. Ambas as dúas actividades son de balde pero é precisa a inscrición, que debe facerse a través do 010.

Audio

  • Carme Basadre, sobre a iniciativa dos Camiños | Descargar mp3 [1]

Máis info

  • Cartel Escalada | Descargar jpg [2]
  • Lugo, encrucillada mundial | Descargar pdf [3]
  • Influencers | Descargar pdf [4]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/fin-de-semana-previa-ao-san-froilan-conferencias-e-andainas-polo-camino-frances-e-o-primitivo

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/210918_basadre_caminoprimitivo.mp3
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/cartel_escalada.jpg
[3] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/lugo_encrucillada.pdf
[4] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/influencers.pdf