Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Ferreiro anunciou que o portal municipal entradaslugo.es distribuíu 37.489 entradas ao longo do 2025

Ferreiro anunciou que o portal municipal entradaslugo.es distribuíu 37.489 entradas ao longo do 2025

"Contamos cunha programación ampla e diversa, con prezos accesibles para todas as persoas", dixo a concelleira de Cultura.

As entradas dos auditorios Fuxan os Ventos e Gustavo Freire aportaron preto de 125.000€ ao orzamento municipal.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural
Xoves, 22 de xaneiro de 2026
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Ferreiro anunciou que o portal municipal entradaslugo.es distribuíu 37.489 entradas ao longo do 2025

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, fixo balance da programación cultural no ano 2025 a través das entradas distribuídas no portal municipal entradaslugo.es [1], "unha cifra récord de participación nos espazos municipais de artes escénicas", segundo explicou Maite Ferreiro. Lugo pechou o ano con 37.489 entradas distribuídas a través deste portal, o que supuxo un ingreso de preto de 125.000€ para o Concello. A edil Maite Ferreiro destacou que a Tenencia de Alcaldía organiza “unha programación ampla e diversa, con prezos accesibles para todas as persoas, o que nos permite chegar a públicos moi distintos, con espectáculos familiares ou propostas teatrais e de danza punteiras”.

Do total de entradas distribuídas nas actividades organizadas directamente polo Concello, 14.205 corresponden aos eventos programados no Auditorio Municipal Gustavo Freire, contando tanto os abonos da programación teatral semestral coma as entradas soltas. Pola súa banda, as dúas salas do Auditorio Fuxan os Ventos rexistraron 23.284 entradas adquiridas, consolidándose como un espazo de referencia para compañías galegas, concertos de artistas emerxentes e actividades promovidas por asociacións culturais da cidade. A isto hai que sumar os eventos privados celebrados nas dúas instalacións, cuxas entradas se distribuíron por outras canles de venta.

Ferreiro destacou que a programación cultural de Lugo é coñecida por ter unha axenda constante, "de todo tipo de gustos e que está a funcionar nos 4 edificios culturais". 2025 foi o ano que comezou a funcionar o auditorio Fuxan os Ventos, "onde houbo dende congresos, galas, ata ducias e ducias de actuacións, practicamente todas as semanas, e onde algunhas encheron ata 3 veces a sala grande, e onde por suposto tiveron unha importante presenza as entidades locais", afirmou a conceleira de Cultura. Ferreiro destacou que Lugo conta tamén cunha importante programación na rúa durante todo o ano "ademáis das actividades programadas no resto de instalacións culturais como o Vello Cárcere ou o MIHL".

Audio

  • A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, sobre a programación cultural no ano 2025 | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/ferreiro-anunciou-que-o-portal-municipal-entradaslugoes-distribuiu-37489-entradas-ao-longo-do

Ligazóns:
[1] http://entradaslugo.es
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/20260122_maite_ferreiro_actividade_cultural_2025.mp3