Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Felipe Rivas reúnese coa FAPACEL e as ANPAS de Lugo para avaliar as actividades extraescolares de cara ao curso 2021-22

Felipe Rivas reúnese coa FAPACEL e as ANPAS de Lugo para avaliar as actividades extraescolares de cara ao curso 2021-22

O edil de Educación afirmou que “desde o Goberno de Lugo estudaremos as propostas das ANPAS para levar adiante estas actividades nos centros que o desexen”

Rivas reclamou á Xunta “que se faga cargo da educación, unha competencia que ten en exclusiva e que supón un gran esforzo cada ano para os concellos”

  • Tema
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Educación pública,
    • Formación
Xoves, 30 de setembro de 2021
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Felipe Rivas reúnese coa FAPACEL e as ANPAS de Lugo para avaliar as actividades extraescolares de cara ao curso 2021-22

O concelleiro de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, mantivo unha xuntanza con representantes da FAPACEL e das distintas ANPAS de Lugo para recoller as propostas das familias de cara ás actividades extraescolares do presente curso. Rivas explicou que “desde o Goberno de Lugo estudaremos as propostas das familias e traballaremos da man cos centros para ofertar as actividades que se adapten mellor a cada centro, cumprindo coas restriccións sanitarias que continúan vixentes no ensino”.

O edil de Educación reclamou á Xunta de Galiza “que se faga cargo das competencias que ten en exclusiva no eido da Educación, e que ano tras ano supón un gran esforzo aos concellos”. Felipe Rivas afimou que "como fixemos o ano pasado, deseñaremos actividades para cumprir en todo momento cos protocolos sanitarios, e comprenderemos se algún dos centros de ensino queren reducir ao máximo as posibilidades de contaxio, polo que estamos a deseñar distintas alternativas".

“Ademais de manter unha serie de actividades para axudar á conciliación das familias, axudamos tamén a manter os postos de traballo das monitoras e monitores das actividades, que se están a ver moi afectadas pola situación actual", explicou Felipe Rivas.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/felipe-rivas-reunese-coa-fapacel-e-anpas-de-lugo-para-avaliar-actividades-extraescolares-de