Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Felipe Rivas: “Lugo ten sete garderías dependentes de tres institucións distintas”

Felipe Rivas: “Lugo ten sete garderías dependentes de tres institucións distintas”

O concelleiro de educación aposta por transferir as escolas infantís municipais á xunta “para reducir trámites burocráticos ás familias”

“Temos que avanzar de cara a un modelo unificado na xestión das escolas infantís públicas”, indicou Felipe Rivas

  • Tema
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Educación pública
Xoves, 16 de xaneiro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Felipe Rivas: “Lugo ten sete garderías dependentes de tres institucións distintas”

O concelleiro de Educación, Felipe Rivas, indicou que continuará traballando para que a Xunta de Galiza asuma a xestión das 4 garderías municipais. Felipe Rivas indicou que “co modelo actual, o concello ten que enviar toda a información á Xunta de Galiza, a encargada de realizar as inspeccións necesarias”.

“Lugo ten sete garderías que dependen de tres institucións diferentes”, declarou o concelleiro de educación, que engadiu “se unha familia solicita praza en dúas garderías dependentes de distintos entes, vese obrigada a realizar trámites burocráticos nas dúas institucións”.

Felipe Rivas aposta por “avanzar de cara a un modelo unificado na xestión das escolas infantís públicas”. Este modelo permitiría, segundo o edil nacionalista “evitar molestias ás familias, que se ven obrigadas a realizar trámites burocráticos repetitivos e innecesarios”.

Audio

  • O concelleiro de Educación, Felipe Rivas, sobre as garderías municipais | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/felipe-rivas-lugo-ten-sete-garderias-dependentes-de-tres-institucions-distintas

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/img_escolasinfantis.jpg