Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A Feira Medieval de Fontiñas, cita obrigada, tras 7 anos, na primavera luguesa

A Feira Medieval de Fontiñas, cita obrigada, tras 7 anos, na primavera luguesa

Lara Méndez subliñou o caracter emprendedor do barrio e agradeceu o traballo asociación de hosteleiros que soubo ver nunha iniciativa que versa nunha parte importante da historia de Lugo, a medieval, unha oportunidade para dinamizar e facer cidade

Carmen Basadre "unha persoa entregada os últimos 19 anos a Lugo" pregoará a feira, o sábado, ás 14:00 horas no Praza Primitiva

Exposición, venda de alimentación e artesanía, un recuncho infantil con carruseis, animación, obradoiros, música e cetrería forman parte da programación desta iniciativa

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Cultura e Turismo
Mércores, 11 de abril de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A Feira Medieval de Fontiñas, cita obrigada, tras 7 anos, na primavera luguesa

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a presidenta da Asociación de Hostaleiros de Fontiñas, Elena López, presentaron este mércores, no Salón de Plenos, a 7ª edición da Feira Medieval de Fontiñas, unha cita obrigada xa na primavera luguesa, que se celebrará esta fin de semana, 13, 14 e 15 de abril. No acto tamén estiveron presentes o responsable da empresa organizadora do evento, Anxo Fernández, e o secretario do colectivo de hostaleiros do barrio, Antonio Rodríguez.

No acto, Lara Méndez subliñou o caracter emprendedor do "barrio emblemático" de Fontiñas, e agradeceu o traballo do colectivo que soubo ver nunha iniciativa que versa nunha parte importante da historia de Lugo, a medieval, unha oportunidade para dinamizar e xerar actividade económica no barrio, e de facer cidade.

A rexedora tamén tivo palabras para a pregoeira "de excepción e de luxo" desta edición, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen tamén estivo presente no acto; "unha persoa entregada os últimos 19 anos a Lugo,  impulsora da apertura do Centro de Convivencia Maruja Mallo, que tanta vida lle da á cidade, e que traballa por dinamizar a vida cultural da cidade".

Pola súa banda, Elena López convidou a todos os lucenses e visitantes a achegarse a Fontiñas ao longo desta fin de semana.

Tal e como explicou Anxo Fernández, quen agradeceu o apoio do Concello con este evento, a VII Feira Medieval de Fontiñas contará coa asistencia duns 60 postos, tanto de Lugo como doutras provincias galegas e incluso de fóra de Galicia. Arrincará o venres ás 18:00 horas coa apetura dos postas de artesanía, alimentación e produtos varios, así como a apertura do recuncho infantil, que conta cun tiovivo, un barco medieval e a cama elásticas; a ludoteca e o rincón medieval, con catapulpa, onde se poderán facer fotos. Posteriormente Lucus Medieval ambientará o feiral. O sábado o mercado cobrará vida a partir das 11:00 horas. Os Brinqueiros e Lucus Medieval amenizarán a feira antes do pregón, que se celebrará ás 14:00 horas na Praza Primitiva. Cetretría e obradoiros completan a programación.

Documento

  • Programa da Feira Medieval de Fontiñas | Descargar mp3 [1]

Audio

  • Lara Méndez, sobre a Feira Medieval de Fontiñas | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/feira-medieval-de-fontinas-cita-obrigada-tras-7-anos-na-primavera-luguesa

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/110418_alcaldesafeirafontinas_0.mp3
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/110418_alcaldesafeirafontinas.mp3