Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Fallado o VII Certame de Narrativa Entre Iguais, organizado polo Concello para loitar pola igualdade e contra a violencia machista

Fallado o VII Certame de Narrativa Entre Iguais, organizado polo Concello para loitar pola igualdade e contra a violencia machista

  • Tema
    • Violencia de xénero
Luns, 08 de xaneiro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, que dirixe Ana González Abelleira, deu a coñecer este luns os nomes dos gañadores do VII Certame de Narrativa Xuvenil Entre Iguais, dirixido a mozas e mozos de entre 12 e 18 anos. O Concello organiza a inciativa co fin de loitar pola igualdade real entre homes e mulleres e pola erradicación das violencias machistas.

Así, o xurado, composto pola propia edil de Benestar Social; por Mónica Álvarez, representante do Foro de Participación Cidadá en materia de Igualdade do Concello de Lugo; Belén Regueiro, técnica da Casa da Muller; e a escritora Carmen Conde, decidiu na súa xuntanza celebrada esta mañá na Casa da Muller conceder os seguintes premios:

Na categoría de 12 a 14 anos:

1ª  PREMIO – Santiago Barreiro Maroto. Dotado cun diploma e un premio valorado en 200 euros.

O 2º e o 3º premio quedan desertos por non adaptarse o resto ás bases.

Na categoría de 15 a 18 anos:

1º PREMIO – Adrián Yael Rosa Fernández. Dotado cun diploma e un premio valorado en 250 euros.

2º PREMIO – Noa Lorenzo Otero. Dotado cun diploma e un premio valorado en 150 euros.

3º PREMIO – Geovanni Álvarez Macía. Dotado cun diploma e un premio valorado en 100 euros.

Os traballos gañadores quedarán a dispor do Concello de Lugo, como organizador do concurso, que poderá facer o uso que se considere oportuno deles.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/fallado-o-vii-certame-de-narrativa-entre-iguais-organizado-polo-concello-para-loitar-pola