Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Fallado o I Concurso de Escaparates do Arde Lvcvs 2015

Fallado o I Concurso de Escaparates do Arde Lvcvs 2015

De entre os 25 establecementos participantes, o xurado, reunido hoxe, decidiou conceder o 1º premio para Cuqui Bakes, o 2º a Veritas Veritatis e o 3º a Perfect Day

A entrega dos galardóns será o domingo, ás 12.45 horas, no quiosco da Praza Maior

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Xoves, 18 de xuño de 2015
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O I Concurso de Escaparates do Arde Lvcvs 2015 xa ten gañadores. O xurado, reunido este xoves, decidiu, de entre os 25 establecementos participantes, concederlle o primeiro premio a Cuqui Bakes, un local de repostería creativa. O galardón consiste en 600 euros, promoción publicitaria e unha máscara de teatro romano. O segundo premio foi para o local de moda e complementos Veritas Veritatis, que recibirá 300 euros e promoción publicitaria, e o terceiro, que consiste en 200 euros e promoción publicitaria, para Perfect Day.

O xurado estivo composto por Mercedes Barreiro González, Laura Coroas Arias e Christian Gutiérrez Santín.

A entrega dos galardóns terá lugar o domingo, ás 12.45 horas, no quiosco da Praza Maior.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/fallado-o-i-concurso-de-escaparates-do-arde-lvcvs-2015