Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Fallado o concurso de fotografía do Arde Lucus, posto en marcha por González Almacén Fotográfico coa colaboración do Concello

Fallado o concurso de fotografía do Arde Lucus, posto en marcha por González Almacén Fotográfico coa colaboración do Concello

  • Tema
    • Alcaldía
Venres, 28 de xullo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Fallado o concurso de fotografía do Arde Lucus, posto en marcha por González Almacén Fotográfico coa colaboración do Concello

O Salón de Comisións da Casa Consistorial acolleu este venres o fallo do concurso de fotografía do Arde Lucus, posto en marcha por González Almacén Fotográfico, coa colaboración do Concello. No certame, co que tamén colabora Olympus España , participaron máis de 150 fotografías.

O primeiro premio recaeu nunha fotografía de Ramón Fuentes García, que recolle unha manobra da Guardia Pretoriana. Consiste nunha cámara de fotos Olympus OMd-m 10 markii. O segundo, de Evaristo Carlos Pardeiro López, amosa  un adestramento na Castra. O agasallo é unha cámara Olympus Tough TG-TRACKER. E por último, o terceiro premio, un vale de compra de 150 euros para canxear en calquera produto da tenda online www.gonzalezalmacen.com [1], recaeu en Silvia Fernández Domínguez, que reflexa un momento do circo romano.

O xurado estivo composto polos profesionais da fotografía Julio Diego Leira Sanmartín, Alfredo Bongianni e Pablo Javier González Bastida.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/fallado-o-concurso-de-fotografia-do-arde-lucus-posto-en-marcha-por-gonzalez-almacen

Ligazóns:
[1] file:///\\www.gonzalezalmacen.com