Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Exposto nas oficinas municipais ata o 23 de setembro o censo electoral, entre o que se sortearán os candidatos a xurado

Exposto nas oficinas municipais ata o 23 de setembro o censo electoral, entre o que se sortearán os candidatos a xurado

O censo electoral vixente pódese consultar durante as xornadas laborais, nas oficinas municipais da Ronda da Muralla, 197, de 9:00 a 14:00 horas

  • Tema
    • Padrón
Venres, 16 de setembro de 2016
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello informa de que ata o 23 de setembro permanecerá exposto ao público nas oficinas municipais o censo electoral, entre o que se sortearán os candidatos a xurado, co obxecto de que poida ser consultado por todas as persoas interesadas.

A delegación provincial da Oficina do Censo Electoral realizará un sorteo sobre as listas do censo electoral vixente. Este sorteo para candidatos a formar parte do tribunal xurado celebrarase o 26 de setembro.

O censo electoral pódese consultar durante as xornadas laborais, nas oficinas municipais da Ronda da Muralla, 197. O horario de exposición será de 9:00 a 14:00 horas en días laborais.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/exposto-nas-oficinas-municipais-ata-o-23-de-setembro-o-censo-electoral-entre-o-que-se