Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Exposto na Casa do Concello un Belén artesanal, que se pode ver durante o Nadal

Exposto na Casa do Concello un Belén artesanal, que se pode ver durante o Nadal

O Nacemento, que conta co seu propio abastecemento de auga, leña para o inverno, terreos fértiles de labranza, zonas de pastos para ovellas e unha estrela feita en madeira, é obra do lucense Luis Manuel Santos Dobarro

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Luns, 04 de decembro de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Exposto na Casa do Concello un Belén artesanal, que se pode ver durante o Nadal

Dende este luns e durante o Nadal pódese ver na Casa do Concello un Belén artesanal. O autor deste Nacemento, situado na entrada principal do consistorio, foi o carpinteiro lucense Luis Manuel Santos Dobarro. Este Belén conta co seu propio abastecemento de auga, leña para o inverno, terreos fértiles de labranza, zonas de pastos para ovellas e unha estrela feita en madeira. Tamén están presentes un carpinteiro, un ferreiro, un escribano e unha pousada.

Todas as construcións e decorados están realizados de forma totalmente artesá, agás as figuras, e, para iso, o seu autor empregou diferentes tipos de raíces, cortizas, madeiras, arxila, palla e herba. Para os decorados exteriores empregouse area, serraduras de carballo, cortizas, pedras, musgo artificial, ou resto de poda, entre outros materiais.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/exposto-na-casa-do-concello-un-belen-artesanal-que-se-pode-ver-durante-o-nadal