Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A exposición Picasso, a viaxe do Guernica estará en Lugo do 18 de decembro ao 15 de xaneiro

A exposición Picasso, a viaxe do Guernica estará en Lugo do 18 de decembro ao 15 de xaneiro

A exposición itinerante, organizada por “La Caixa” e o Museo Raíña Sofía, parará na praza horta do Seminario

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Museos e exposicións,
    • Información turística,
    • Programación cultural,
    • Promoción turística,
    • Xestión cultural
Domingo, 08 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A exposición “Picasso, a viaxe do Guernica” que organizan La Caixa e o Museo Raíña Sofía, parará na praza Horta do Seminario do 18 de decembro ao 15 de xaneiro. A edil de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, declarou que “Guernica (1937) de Pablo Ruiz Picasso (1881-1973) é, sen dúbida, unha das obras máis emblemáticas da arte do século XX. Picasso aceptou pintar un cadro para o Pavillón de España na Exposición Internacional de París de 1937".

Guernica foi a súa resposta ao encargo do Goberno da Segunda República española, en plena Guerra Civil. Emblemático pola súa historia e polos valores simbólicos que representa -tanto artísticos como políticos-, que sintetizan os debates do seu tempo, ao seu carácter referencial para a arte moderna engádese o feito de que, xa no momento da súa creación, recoñeceuse Guernica como símbolo antibelicista e de loita pola liberdade, valores que encarna aínda nos nosos días.

Con motivo do 80 aniversario da creación desta obra mestra, ”La Caixa” e o Museo Reina Sofía presentan Picasso, a viaxe do Guernica, unha exposición nun innovador formato itinerante de 200 metros cadrados que profunda na historia de Guernica a partir das súas viaxes e usos desde os seus inicios.

A exposición terá lugar do 18 de decembro ao 15 de xaneiro de 2020 na praza Horta do Seminario.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/exposicion-picasso-viaxe-do-guernica-estara-en-lugo-do-18-de-decembro-ao-15-de-xaneiro