Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A exposición Outros mundos: visións do noso sistema solar estará en Lugo do 15 de decembro ao 12 de xaneiro

A exposición Outros mundos: visións do noso sistema solar estará en Lugo do 15 de decembro ao 12 de xaneiro

A exposición itinerante organizada por “La Caixa” situarase na Praza Maior

Felipe Rivas “esta exposición achegará á veciñanza a unha viaxe pola beleza e as paisaxes do Espazo”

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Promoción turística,
    • Museos e exposicións,
    • Educación
Xoves, 03 de decembro de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A exposición “Outros mundos: visións do noso sistema solar” de Michael Benson que organiza a “Fundación La Caixa ”, parará na Praza Maior do 15 de decembro ao 12 de xaneiro. O edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, declarou que “esta exposición achegará á veciñanza a unha viaxe pola beleza e as paisaxes do Espazo, no que observaremos a súa maxestuosidade”

Esta exposición do fotógrafo estadounidense Michael Benson contará con corenta imaxes do Cosmos captadas polas sondas da NASA nas que podemos contemplar e explorar a beleza e a diversidade que constrúe o Sistema Solar.

Felipe Rivas sinalou a importancia deste conxunto artístico e afirmou que “esta colección fotográfica resulta un dos primeiros documentos no que se pode recoñecer visualmente o espazo tal como o coñecemos, o que fixo avanzar á ciencia como a propio mundo da fotografía”

Pode consultarse toda información desta exposición en: https://fundaciónlacaixa.org/es/otros-mundos-exposicion-itinerante [1]

Audio

  • O edil de Educación e Difusión do Coñecemento, Felipe Rivas, sobre a exposición "Outros Mundos" | Descargar mp3 [2]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/exposicion-outros-mundos-visions-do-noso-sistema-solar-estara-en-lugo-do-15-de-decembro-ao-12

Ligazóns:
[1] https://fundaciónlacaixa.org/es/otros-mundos-exposicion-itinerante
[2] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/201203_felipe_rivas_exposicion_outros_mundos.mp3