Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > A exposición itinerante “Picasso, a Viaxe do Guernica” para en Lugo até o 15 de xaneiro

A exposición itinerante “Picasso, a Viaxe do Guernica” para en Lugo até o 15 de xaneiro

Maite Ferreiro estivo presente na inauguración da exposición, coa que colabora a área de Cultura

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Museos e exposicións
Mércores, 18 de decembro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
A exposición itinerante “Picasso, a Viaxe do Guernica” para en Lugo até o 15 de xaneiro

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua estivo presente hoxe na inauguración da exposición “Picasso, a Viaxe do Guernica”, xunto con Susan Santos, Delegada de CaixaBank na Galiza, Igor de las Heras, director de área de Negocio de Lugo e Manuela Padrón, da fundación bancaria “la Caixa”.

”La Caixa” e o Museo Reina Sofía presentan esta exposición nun innovador formato itinerante de 200 metros cadrados co motivo do 80 aniversario da creación desta obra mestra. Maite Ferreiro resaltou o valor artístico da obra como "o contexto histórico no que foi realizada e os valores éticos e sociais que reivindica e que continúan vixentes a día de hoxe".

A exposición terá lugar do 18 de decembro ao 15 de xaneiro de 2020 na praza Horta do Seminario, e poderá visitarse de luns a venres de 12:30 a 14 horas e de 17 a 21 horas, ademais dos sábados, domingos e festivos entre as 11 e 14 e 17 e 21 horas. Organizaranse visitas guiadas de luns a venres ás 19 horas e sábados, domingos e festivos, ás 12 e ás 19 horas. Maite Ferreiro animou á veciñanza de Lugo a acudir e a “descubrir a historia dunha das obras máis importantes da pintura contemporánea”.

Audio

  • Maite Ferreiro, sobre a exposición “Picasso, a Viaxe do Guernica” | Descargar mp3 [1]
  • Susan Santos Morales, sobre a exposición “Picasso, a Viaxe do Guernica” | Descargar mp3 [2]
  • Igor de las Heras, sobre a exposición “Picasso, a Viaxe do Guernica” | Descargar mp3 [3]
  • Manuela Pedrón Nicolau, sobre a exposición “Picasso, a Viaxe do Guernica” | Descargar mp3 [4]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/exposicion-itinerante-picasso-viaxe-do-guernica-para-en-lugo-ate-o-15-de-xaneiro

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/gl/sites/default/files/users/user42478/191218_maite_ferreiro_exposicion_guernica.mp3
[2] https://concellodelugo.gal/gl/sites/default/files/users/user42478/191218_susan_santos_morales_exposicion_guernica.mp3
[3] https://concellodelugo.gal/gl/sites/default/files/users/user42478/191218_igor_de_las_heras_exposicion_guernica.mp3
[4] https://concellodelugo.gal/gl/sites/default/files/users/user42478/191218_manuela_pedron_nicolau_exposicion_guernica.mp3