Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Éxito de participantes no 2º obradoiro de Future Jobs Tools, unha iniciativa de formación para o emprendemento solicitada nos Orzamentos Participativos

Éxito de participantes no 2º obradoiro de Future Jobs Tools, unha iniciativa de formación para o emprendemento solicitada nos Orzamentos Participativos

  • Tema
    • Formación,
    • Emprendemento,
    • Orzamentos participativos
Luns, 18 de febreiro de 2019
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Éxito de participantes no 2º obradoiro de Future Jobs Tools, unha iniciativa de formación para o emprendemento solicitada nos Orzamentos Participativos

A Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, e a Concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, déronlle a benvida este luns, no Vello Cárcere, ás persoas participantes no segundo obradoiro deFuture Jobs Tools, un dos proxectos seleccionados dos Orzamentos Participativos, no que as e os lucenses interesados en dar un xiro á súa vida laboral están a coñecer as tendencias do mercado laboral marcadas polo progreso tecnolóxico e dixital da sociedade da man de especialistas.

Esta iniciativa de formación para o emprendemento, que arrincou a pasada semana, consta de 3 obradoiros, que se impartirán entre febreiro e marzo, basados na novela empresarial El Desafío de Yago, a secuela de La Aventura de Diana, unha referencia na aprendizaxe da innovación.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/exito-de-participantes-no-2o-obradoiro-de-future-jobs-tools-unha-iniciativa-de-formacion-para