Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Éxito de participación no faladoiro de María Xosé Porteiro sobre a nova misoxinia e a violencia simbólica

Éxito de participación no faladoiro de María Xosé Porteiro sobre a nova misoxinia e a violencia simbólica

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Igualdade
Venres, 02 de marzo de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Éxito de participación no faladoiro de María Xosé Porteiro sobre a nova misoxinia e a violencia simbólica

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López, participaron este venres no faladoiro de María Xosé Porteiro, A nova misoxinia: a violencia simbólica, que tivo lugar no Auditorio do Centro Cultural Vello Cárcere de Lugo. Este tercer relatorio está enmarcado dentro dos Faladoiros Feministas, a programación, totalmente gratuíta, que Concello e Deputación de Lugo, coa colaboración do Foro feminista Maruxa Mallo, ofrecen ás e aos lucenses co fin de crear un espazo de diálogo e reflexión da sociedade dende o punto de vista das mulleres.

No relatorio, a xornalista e coordinadora da Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega, María Xosé Porteiro, reflexionou sobre a violencia simbólica. Un concepto que se emprega para describir unha relación social onde o denominador exerce un modo de violencia indirecta, que utiliza patróns estereotipados, mensaxes, valores ou signos para transmitir e reproducir a dominación, a desigualdade e a discriminación, naturalizando a subordinación da muller na sociedade.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/exito-de-participacion-no-faladoiro-de-maria-xose-porteiro-sobre-nova-misoxinia-e-violencia