Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Éxito de participación na primeira actividade do Coliving Artístico Municipal impulsado polo Executivo de Paula Alvarellos

Éxito de participación na primeira actividade do Coliving Artístico Municipal impulsado polo Executivo de Paula Alvarellos

O obradoiro “Herbiñas en residencia”, dirixido pola artista e paisaxista Noa Rodríguez Méndez, marcou o comezo dunha serie de iniciativas destinadas a dar a coñecer esta innovadora instalación á cidadanía e á comunidade artística.

As persoas participantes percorreron e exploraron a botánica urbana da contorna do Carme. Durante tres horas, puideron coñecer de preto a vexetación que crece nas gretas da cidade e rexistrar novas formas de habitar o espazo urbano.

“O boa acollida desta primeira actividade demostra o potencial do Coliving como un catalizador de creatividade e desenvolvemento profesional no ámbito artístico e cultural”, destaca o concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto. 

  • Tema
    • Benestar social,
    • Desenvolvemento social,
    • Desenvolvemento local,
    • Desenvolvemento económico,
    • Economía,
    • Emprego,
    • Políticas activas de emprego,
    • Fomento do emprego,
    • Emprendemento
Venres, 19 de xullo de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Éxito de participación na primeira actividade do Coliving Artístico Municipal impulsado polo Executivo de Paula Alvarellos

O Concello de Lugo celebrou onte con gran éxito de participación a primeira actividade do novo Coliving Artístico Municipal, impulsado polo Executivo de Paula Alvarellos, situado no barrio do Carme. O obradoiro de exploración botánica urbana titulado “Herbiñas en residencia”, dirixido pola artista e paisaxista Noa Rodríguez Méndez, marcou o comezo dunha serie de iniciativas destinadas a dar a coñecer esta innovadora instalación á cidadanía e á comunidade artística.

O concelleiro de Dinamización Económica, Mauricio Repetto, destacou a importancia deste primeiro paso: “É un orgullo ver como o Coliving Artístico Municipal comeza a súa andaina cunha actividade que captou tanto interese. A participación superou as nosas expectativas e confirma a necesidade de espazos como este en Lugo”.

As persoas participantes percorreron e exploraron a botánica urbana da contorna do Carme. Durante tres horas, puideron coñecer de preto a vexetación que crece nas gretas da cidade e rexistrar novas formas de habitar o espazo urbano. Repetto engadiu que “a boa acollida desta primeira actividade demostra o potencial do Coliving como un catalizador de creatividade e desenvolvemento profesional no ámbito artístico e cultural. Este espazo non só busca impulsar a innovación artística, senón tamén contribuír á rexeneración dunha zona estratéxica de Lugo”.

O Coliving do Carme, inaugurado en xuño, está deseñado para ser un centro de creatividade e desenvolvemento profesional. Ao longo do ano, planificáronse diversas actividades para fomentar o seu uso e dar a coñecer as súas instalacións. Ademais, en 2025, espérase que entre en funcionamento o Regulamento de Residencias Artísticas Internacionais, o que permitirá a artistas de todo o mundo optar a bolsas para desenvolver os seus proxectos neste espazo durante tres meses.

Entre as próximas actividades, inclúese un concerto acústico exterior a cargo da artista Nebra, inspirado na música tradicional lírica galega, e un taller interactivo no outono centrado na exploración da contorna e a creatividade, dirixido a nenos e familias.

A artista Noa Rodríguez, encargada da primeira actividade, foi recoñecida polo seu traballo tanto a nivel nacional como internacional. Licenciada en Belas Artes e cun Máster en Arte e Ciencia pola Central Saint Martins de Londres, a súa práctica artística inclúe proxectos de holografía e traballos de divulgación científica.

“O éxito desta primeira actividade no Coliving Artístico Municipal de Lugo demostra a demanda e o interese que suscitan este tipo de espazos na cidade, e pon de relevo o seu potencial como referente na promoción da arte e a cultura entre a sociedade lucense”, concluíu o edil Mauricio Repetto.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/exito-de-participacion-na-primeira-actividade-do-coliving-artistico-municipal-impulsado-polo