Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Execútase unha nova fase do plan de calmado do tráfico nos entornos escolares

Execútase unha nova fase do plan de calmado do tráfico nos entornos escolares

Rubén Arroxo afirmou que “realizáronse as elevacións correspondentes ao colexio Cervantes e ao Conservatorio”

Elevaranse os pasos de peóns do conservatorio, e dos colexios Cervantes, Fingoi 2 e Menéndez Pelayo

  • Tema
    • Educación,
    • Centros de ensino,
    • Seguridade,
    • Tráfico
Venres, 07 de agosto de 2020
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Execútase unha nova fase do plan de calmado do tráfico nos entornos escolares

O Tenente de Alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, informou do inicio dunha nova fase do plan de calmado de tráfico nos entornos escolares que a área de Mobilidade leva realizando durante o último ano. Segundo declarou Rubén Arroxo, “desde a área de Mobilidade seguimos traballando para ter un tráfico calmado, aumentando a seguridade da veciñanza da contorna e das nenas e nenos que diariamente asisten aos colexios durante o curso”.

Nos traballos realizados ata o de agora, eleváronse os pasos de peóns da ronda Xosé Castiñeira, xunto ao conservatorio e na rúa Camiño de Pipin, diante do colexio Cervantes, dos que só falta o pintado, e seguen pendentes na avenida de Madrid, na contorna da escola de educación infantil Fingoi 2, en Serra de Outes e Alfredo Brañas, na contorna do colexio Menéndez Pelayo Rubén Arroxo lembrou que “a intervención da rúa Camiño de Pipin é unha da demanda moi solicitada pola ANPA do colexio Cervantes debido á singularidade da rúa”.

“Nos vindeiros días realizarase o pintado dos pasos xa realizados e elevaranse os restantes”, informou Rubén Arroxo, que engadiu “desde o goberno municipal queremos avanzar de cara a un Lugo no que os peóns sexan o centro da mobilidade, cun tráfico calmado e menos vehículos a motor nas rúas”.

Audio

  • O concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, sobre os pasos de peóns elevados | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/executase-unha-nova-fase-do-plan-de-calmado-do-trafico-nos-entornos-escolares

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/200806_ruben_arroxo_pasos_de_peons_elevados.mp3