Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Estudantes de cociña do IES Sanxillao realizan un showcooking na Praza de Abastos

Estudantes de cociña do IES Sanxillao realizan un showcooking na Praza de Abastos

Cristina López e Rubén Arroxo visitaron a actividade que se realizará tamén o venres 29 en horario de mañá na cociña da Praza de Abastos.

A edil de Participación destacou "a boa acollida desta proposta" realizada grazas á colaboración que manteñen a área de Participación e a Escola de Hostalería do IES Sanxillao.

  • Tema
    • Benestar social,
    • Animación sociocultural,
    • Desenvolvemento social,
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural,
    • Xestión cultural,
    • Mercados
Venres, 22 de novembro de 2024
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Estudantes de cociña do IES Sanxillao realizan un showcooking na Praza de Abastos

O Tenente de Alcaldesa do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, visitaron a Praza de Abastos, onde estudantes de hostalería do IES Sanxillao realizaron un showcooking aberto á veciñanza con degustacións de diversos productos. "Trátase dunha colaboración coa que ademais de familiarizar ao estudantado coa Praza de Abastos promove a transmisión dos valores da gastronomía tradicional e contribúe a dar un valor engadido á Praza de abastos como espazo referente dos produtos tradicionais, frescos e de calidade", explicou Cristina López.

Os venres do mes de novembro, en horario de mañá, as persoas que se acheguen á praza poderán desfrutar de degustacións culinarias, dentro da colaboración que manteñen ambas entidades. Cristina López destacou que a cociña da Praza de Abastos "permítennos achegar experiencias únicas coma esta mostra a cargo de recoñecidos cociñeiros da cidade".

A concelleira de Participación afirmou que "continuamos a promocionar a Praza e o Mercado para facilitar que toda a veciñanza poida coñecer os productos de primeira calidade que se comercian nestas instalacións". Cristina López animou á veciñanza a "realizar as súas compras na Praza e no Mercado e desfrutar da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación".


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/estudantes-de-cocina-do-ies-sanxillao-realizan-un-showcooking-na-praza-de-abastos