Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Estudantes alemáns de intercambio co IES Lucus Augusti coñecen o Concello

Estudantes alemáns de intercambio co IES Lucus Augusti coñecen o Concello

  • Tema
    • Alcaldía,
    • Educación
Luns, 24 de setembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Estudantes alemáns de intercambio co IES Lucus Augusti coñecen o Concello

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu este luns no Salón de Plenos do Concello a un grupo de estudantes alemáns, da localidade de Leipzig, que están na cidade grazas ao intercambio entre o seu centro educativo e o IES Lucus Augusti. Méndez deu a benvida aos alumnos e alumnas, explicoulles os principais atractivos de Lugo, invitounos a regresar e subliñou a importancia dos intercambios estudiantís para o crecemento persoal, académico e profesional, pois achegan un plus diferencial.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/estudantes-alemans-de-intercambio-co-ies-lucus-augusti-conecen-o-concello