Este xoves sairán á venda as entradas para os espectáculos do Arde Lvcvs de Harpastvm e o Circvs
Nos dous casos poderanse adquirir a través da web www.entradaslugo.es [1] ou ben na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo
- Tema
- Cultura e Turismo,
- Programación cultural,
- Promoción turística
O Concello de Lugo poñerá este xoves á venda as entradas para o Harpastvm e Circvs Romano, no marco do Arde Lvcvs, cun prezo de 3 euros e ata un máximo de dez por persoa. Nos dous casos poderanse adquirir a través da web www.entradaslugo.es [1] ou ben na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo.
Ambos os dous eventos serán na explanada do Pavillón Municipal, o primeiro deles o venres, 14 de xuño, ás 21:00 horas, a cargo das asociacións de recreación histórica Caetra Lucensium, Mercenarios Galaicos e Guardia Pretoriana; o segundo o sábado, 15 de xuño, a partir das 18:00 horas.
Máis información na web oficial destes festexos www.ardelucus.com [2].