Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Este xoves celebrarase no CEI-Nodus un taller sobre branding e marca persoal para emprendedores

Este xoves celebrarase no CEI-Nodus un taller sobre branding e marca persoal para emprendedores

O obradoiro, que está aberto á participación do público en xeral, terá lugar das 16:00 ás 20:00 horas no Salón de Actos do CEI-Nodus

  • Tema
    • Emprego,
    • Fomento do emprego,
    • Emprendemento
Mércores, 08 de marzo de 2017
Fonte: 
Gabinete de Prensa

O Concello organiza un taller sobre branding e marca persoal para emprendedores, dentro do programa Inicia Coworking. Este taller, que está aberto á participación do público en xeral, terá lugar este xoves, 9 de marzo, das 16:00 ás 20:00 horas no Salón de Actos do CEI-Nodus.

Este obradoiro estará impartido por Andrés Pérez Ortega, un experto en Personal Branding e autor dos libros Marca Personal e Expertología. A entrada é gratuíta ata completar o aforo.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/este-xoves-celebrarase-no-cei-nodus-un-taller-sobre-branding-e-marca-persoal-para