Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Este venres terá lugar o concerto de música con motivo do Dia Internacional de Jazz na Praza do Cantiño

Este venres terá lugar o concerto de música con motivo do Dia Internacional de Jazz na Praza do Cantiño

  • Tema
    • Cultura e Turismo
Mércores, 07 de maio de 2014
Fonte: 
Gabinete de Prensa

A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua comunica a nova data do concerto de música que se celebra para conmemorar o Dia Internacional de Jazz e que terá lugar na Praza do Cantiño ás 20 horas.

Esta actividade prevista para o 30 de abril tivo que aplazarse por culpa da meteoroloxía ao realizarse nun espazo aberto. No concerto participan membros da Aula Big Band da Escola Municipal de Música de Lugo e membros da Aula de Big Band da Escola de Música Rábade e Begonte, que querían facer unha homenaxe ao jazz.


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/este-venres-tera-lugar-o-concerto-de-musica-con-motivo-do-dia-internacional-de-jazz-na-praza