Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Este venres, magosto emprendedor no CEI-NODUS

Este venres, magosto emprendedor no CEI-NODUS

Será a partir das 19:30 horas, na explanada do CEI. É totalmente de balde. As persoas interesadas en participar na cita poden facelo a través do mail norman.veiga@concellodelugo.org [1]

O I Magosto Day Networking para Emprendedores é unha actividade de motivación, organizada coa finalidade de fomentar o espírito colaborativo e o traballo en equipo entre emprendedores e emprededoras

  • Tema
    • Emprendemento
Mércores, 21 de novembro de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa
Este venres, magosto emprendedor no CEI-NODUS

A Concellería de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, que dirixe Ana Prieto, preparou para este venres, 23 de novembro, un magosto emprendedor. Será a partir das 19:30 horas, na explanada do CEI-NODUS. É totalmente de balde.

Segundo explicou a edil, o I Magosto Day Networking para Emprendedores é unha actividade de motivación, organizada coa finalidade de fomentar o espírito colaborativo e o traballo en equipo entre emprendedores e emprededoras. Búscase tamén que sexa unha cita na que se cree un ecosistema local focalizado na creativadade, na que  establecer contactos e aproveitar sinerxias para mellorar as posibilidades de éxito.

Ana Prieto convidou aos veciños e veciñas a participar neste evento para emprendedores, que acompañados de castañas, poderán establecer relacións emprendedoras e creativas.

As persoas interesadas en participar na cita, que conta coa colaboración de Aje Lugo, Mulleres Empresarias e a cafetería Garabolos, poden facelo a través do mail norman.veiga@concellodelugo.org [1]


URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/este-venres-magosto-emprendedor-no-cei-nodus

Ligazóns:
[1] mailto:norman.veiga@concellodelugo.org