Concello de Lugo
Publicado en Concello de Lugo (https://concellodelugo.gal)

Inicio > Este sábado, última oportunidade para descubrir as historias que agocha o Camiño Primitivo cunha andaina guiada gratuíta

Este sábado, última oportunidade para descubrir as historias que agocha o Camiño Primitivo cunha andaina guiada gratuíta

As persoas interesadas aínda poden inscribirse na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo, ou ben a través do teléfono 982-251-658. O punto de partida é a marquesiña da rúa Alcalde Anxo López Pérez, ás 10:00 horas

Anteriormente celebráronse outros 7 percorridos, nos que participaron unhas 100 persoas, coa presenza de visitantes de Madrid, Logroño, Valencia e Barcelona, dentro do territorio nacional, e de Alemaña e Italia, con respecto ao panorama internacional

  • Tema
    • Cultura e Turismo,
    • Programación cultural
Mércores, 22 de agosto de 2018
Fonte: 
Gabinete de Prensa

Este sábado, 25 de agosto, terá lugar a última andaina gratuíta de verán que organiza o Concello para descubrir as historias que agocha o Camiño Primitivo, Pasos con historia. Todas as persoas interesadas en participar aínda poden inscribirse na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo, ou ben a través do teléfono 982-251-658. O punto de partida é a marquesiña da rúa Alcalde Anxo López Pérez, ás 10:00 horas.

Anteriormente celebráronse outros 7 percorridos ao longo do Camiño Primitivo ao seu paso polo municipio, nos que participaron ao redor dunhas 100 persoas, coa presenza de visitantes de Madrid, Logroño, Valencia e Barcelona, dentro do territorio nacional, e de Alemaña e Italia, con respecto ao panorama internacional.

Para o mes de setembro, o Concello ten preparados dous paseos máis dentro da programación De Tapas polo Camiño Primitivo, unhas excursións cuxa inscrición é de balde, coa posibilidade de tapear durante a andaina nos distintos establecementos. Terán lugar os días 7 e 14 de setembro, con saída do Campo Castelo o primeiro día, e da Tinería o segundo. As inscricións tamén deben facerse na Oficina Municipal de Turismo.

A estas rutas tamén lle hai que sumar as andainas da programación de Terras de Auga e Cultura, que se celebran todos os domingos polo rural de Lugo.

Audio

  • Carmen Basadre, sobre as andainas | Descargar mp3 [1]

URL fonte: https://concellodelugo.gal/gl/novas/este-sabado-ultima-oportunidade-para-descubrir-historias-que-agocha-o-camino-primitivo-cunha

Ligazóns:
[1] https://concellodelugo.gal/sites/default/files/220818_basadre-andainas.mp3